Escoitar

O Concello inviste máis dun millón de euros na renovación da flota de limpeza de camiños e praias

Abel Caballero presentou esta mañá en Samil a nova maquinaria que asegura mellores condicións de traballo e de uso. Son en total 14 vehículos de diferentes características que se poñen en funcionamento para a limpeza no rural e nas zonas de praias do municipio e para as que o concello vigués destinou 1.230.000 euros

venres, 23 xul 2010
1279892029limpeza2.JPG
Son concretamente 3 unidades de doble cabina y caja basculante, 4 unidades de camión con caixaa basculante, 1 camión con caixaa abierta, 1 camión con caixa basculante e grúa, 1 tractor con brazo desbrozador, 2 tractores con cazo e 2 vehículos John Deere Gator.

Todos eles xa traballan, tal e como explicou o rexedor local, na limpeza do rural e nas zonas de praias. Unha das novedades destacadas polo alcalde é un camión con brazo móbil que permite o seu manexo con mando a distancia "e con gran facilidade".

Neste eido Caballero referiuse aos traballos de limpeza que se realizan na cidade olívica, merecedores de dúa escobas de platino consecutivas. "Esto sinala que imos na boa dirección", afirmou Caballero. Tamén aludiu ás melloras realizadas en areias como o Vao ou Samil. Precisamente nesta última reparouse o paseo, retiránronse as duchas das zonas pretas ao paseo, reformáronse as zonas de deporte e tamén renováronse os parques infantís. A elo engadiu o bo funcionamento dos aseos con servizo de limpeza contínuo.

A Punta
No que respecta á praia da Punta, en Teis, o rexedor informou que continúia a operación de derruba do muro que ailla aos veciños da ETEA. "Imos tirar todo o muro e nos próximos días comenzaremos a depositar area nesta praia", dixo.
Descargar todas as imaxes