O Museo da Cidade ofrece o domingo unha visita dinamizada para familias guiada por Landriña
O Museo da Cidade "Quiñones de León" continúa cos seus "Domingos do Museo", onde se poderá seguir gozando da visita dinamizada para nenos e nenas e familias e das visitas guiadas para público en xeral. O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, explicou que a mascota do museo Landriña será a encargada de presentar un itinerario temático con xogos e activiades. O percorrido iniciarase ás 11:30 horas e durará unha hora.
Este domingo Landriña ensinaralles como antes do nacemento e popularización da fotografía eran os pintores e pintoras quen, nos seus lenzos, retrataban as persoas e as representaban de moi diversas formas. Unhas veces de xeito naturalista ou realista, outras, de xeito imaxinativo e creativo. Da man da mascota visitarán as salas do pazo descubrindo retratos moi diferentes, experimentando a idea de ser eles os retratados e crearase a partir dun divertido xogo un retrato moi diferente e creativo.
Os familiares que acompañan ás e aos menores poden participar desta actividade ou deixalos ao coidado do persoal educador. Estas actividades son totalmente gratuítas. O número máximo de participantes é de 15 nenos/as cun máximo de dous acompañantes.
Mantese tamén a visita xeral ao pazo, onde se trata de presentar de xeito ameno a historia do Pazo "Quiñones de León". Na visita descubrense algunhas curiosidades do pazo e das coleccións. Como complemento a esta visita subirase ás torres dende as que se goza dunha privilexiada visión dos xardíns.