Escoitar

O alcalde recibe ao presidente da Organización de Profesionais Autónomos de Galicia

Abel Caballero e o concelleiro de Promoción Económica, Santos Héctor, reuníronse neste venres co presidente da organismo para falar da situación deste sector nunha cidade que concentra o maior número de autónomos da comunidade galega. O alcalde manifestóulles que terán o apoio do Concello e quedaron en manter próximas reunións.

venres, 23 xul 2010
1279891889autonomos.JPG
O presidente autonómico da Organización Profesional de Traballadores Autónomos, Jose Antonio Fidalgo, explicou que contan xa con local en Vigo e que pretenden asentarse tamén noutras cidades como Santiago ou Ferrol.

Nesta primeira toma de contacto falaron do carácter emprendedor da cidade de Vigo, que agora mesmo acolle o maior número de autónomos de Galicia. Así, acordaron falar de cuestións xa concretas en próximos encontros que se pecharán nas vindeiras semanas.
Descargar todas as imaxes