Escoitar

Abel Caballero advertirá ás empresas das condicións laborais que deben cumpir en obras municipais

O alcalde vigués convocará para o próximo martes ás concesionarias que executan as obras municipais para poñelas en coñecemento das condicións laborais ás que se deben axustar. O rexedor asegurou que todas ellas teñen a obriga de xerar emprego con traballadores procedentes das listas do INEM de Vigo, ademáis de respectar as condicións laborais que se lles esixen.

venres, 23 xul 2010
1279891970obras.JPG
Abel Caballero indicou neste venres que vai ser "inflexible" coas empresas que non cumplan as condicións establecidas para executar as obras municipais, tanto as correspondentes a segunda fase do Plan Zapatero como as que se realizan con cargo a fondos propios. De feito, avanzou que convocará ás concesionarias para o vindeiro martes para advertilas que deben cumprir os requisitos de xeración de emprego e de condicións laborais.

"Tomaremos nota das condicións en xeración de emprego para concesións futuras", aseverou o rexedor, quen tamén explicou que ate o de agora non ten información de que non se estean axustando ao conveniado. "Quérome adiantar e por iso lles vou a transmitir que teñen a obriga de xerar emprego, con traballadores que proveñan dos ámbitos de emprego e do Inem de Vigo", dixo.

Abel Caballero lembrou ademáis que o pasado ano xa se lles trasladou un aviso para que cumpriran as condicións laborais dos traballadores, o cumprimento dos horarios así como a prevención de riscos. "O aviso xurdiu efecto e foron contratados de forma directa 1.500 traballadores", asegurou. Insistiu en que todas e cada unha das empresas "teñen que xerar emprego e xeralo nesta cidade".
Descargar todas as imaxes