Escoitar

O Pazo Museo Quiñones de León acolle a celebración dos actos do Día de Galicia

O Concello de Vigo celebrará a partires das 20:00 horas desta tarde o Día de Galicia no Pazo Quiñones de León. Os actos comezarán coa recepción oficial ás autoridades desde onde se trasladarán ao xardín inglés. <br />

venres, 23 xul 2010
1279903746diadegalicia3.JPG
Unha vez reunidas as autoridades o grupo de corda da Orquesta Clásica de Vigo ofrecerá un concerto no que interpretarán as seguintes pezas:

Wolfgang Amadeus Mozart
Divertimento en Fa Mayor, K. 138 (Salzburgo 1772)
Allegro

Antonin Dvorak
Sérénade en Mi Mayor para corda, Op. 22 (1875)
Moderato

Scott Joplin
The Entertainer (1902)
Rag time two step

John Francis Larchet
Mac Ananty´s Reel (1943)

Despóis do concerto intervendrá o alcalde de Vigo, Abel Caballero, ao que seguirá a lectura do Bando do Día de Galicia que este ano correspóndelle ao Ministro de Fomento, José Blanco. Pechará o acto o Himno Galego interpretado polo grupo de corda da Orquesta Clásica de Vigo.
Descargar todas as imaxes