María Méndez salienta a aposta pola igualdade que ofrece o dispositivo de baño para persoas discapacitadas
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitou hoxe o dispositivo de baño para persoas con discapacidade instalado na praia de Samil. O servizo, que se ofrece tamén en O Vao, funciona desde o 1 de xullo e manterase ata o 31 de agosto para que a xente con mobilidade reducida poda acceder á praia, bañarse no mar ou ducharse.
María Méndez indicou que no tempo que leva funcionando este mes xa máis de 100 persoas foron atendidas nos diferentes servizos que presta o dispositivo. "É un dos servizos dos que nos sentimos máis orgullosos, porque contribúe a que as persoas con discapacidade fagan realidade a igualdade de oportunidades. Poden gozar de algo tan habitual para calquera de nós como un baño no mar", sinalou.
A concelleira lembrou que este ano Vigo foi premiada pola Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica como a cidade que máis fixo por mellorar a accesibilidade ás persoas con mobilidade reducida. "Este dispositivo é un exemplo dese traballo que estamos a desenvolver por mellorar a calidade das persoas discapacitadas e conseguir para elas a igualdade de oportunidades", asegurou.
A nacionalista explicou que o servizo está atendido por persoal da Cruz Vermella e indicou que este ano estase notando un incremento da demanda de usuarios. Segundo dixo, este aumento está motivado porque o servizo é xa máis coñecido. María Méndez sinalou que o ano pasado ampliouse poñendo a disposición dos usuarios unha cadeira adaptada para o baño na praia de O Vao. "Se fai falta continuaremos ampliando o servizo", afirmou.
O dispositivo que se presenta en Samil conta con dúas cadeiras de baño adaptadas, unha dela está a disposición das asociacións e colectivos que solicitan o seu uso a través dunha cita previa. A outra queda ao dispor de calquera persoa que se achegue pola súa conta á praia. Sen embargo, se están baleiras pódense empregar con uso libre. Na praia de O Vao o servizo préstase cunha cadeira. Calquera persoa que o desexe pode utilizalas en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
Descargar todas as imaxes