venres, 21 ago 2009
Abel Caballero visitou este venres os traballos de mellora da rúa Tomás Alonso, entre Pi i Margall e a Praza da Industria, que leva un mes de adianto polo que en setembro estará rematado, segundo salientou o alcalde. Caballero tamén subliñou que a obra emprega a 10 persoas procedentes do INEM.
venres, 21 ago 2009
O alcalde e presidente da Mancomunidade de Vigo informou este venres da aprobación de sendos proxectos de e-administración para os Concellos da Mancomunidade, decisión adoptada na Xunta de Goberno deste organismo. O modelo de xestión administrativa vigués implantarase nos restantes municipios, unificando os sistemas.
xoves, 20 ago 2009
O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, visitaron hoxe xoves a construción da beirarrúa e mellora da rede de saneamento e abastecemento que se está a levar a cabo na rúa Subida ás Ánimas, dentro do plan municipal "Bial"; que conta cun millón de euros de orzamento para formar e insertar no mercado laboral a 65 desempregados.
xoves, 20 ago 2009
O alcalde manifestou que estas actuación teñen "custo cero" para as familias, e permiten aos pais e nais conciliar a súa vida profesional coa personal tamén en verán. Os rapaces e rapazas, pola súa banda, continúan coa súa formación e entretenemento, polo que Abel Caballero avanzou que o Concello estudará amplialos para o próximo ano.
mércores, 19 ago 2009
O alcalde, Abel Caballero, e o vicepresidente da entidade que outorga as bandeiras (ADEAC), José Palacios, visitaron este mércores a praia do Vao, onde Palacios ratificou as sete distincións recibidas este verán polos areais vigueses, e o alcalde anunciou que poranse as medidas para incrementar o número de bandeiras o próximo ano.
martes, 18 ago 2009
Abel Caballero visitou este martes San Roque acompañado pola Asociación de Veciños do barrio vigués, unha zona "en situación lamentable" que verá priorizado o seu desenvolvemento urbanístico. Xunto á aceleración dos ámbitos, o alcalde anunciou humanizacións e un parque infantil para o próximo ano.
martes, 18 ago 2009
O alcalde recibiu este martes na Alcaldía aos integrantes do equipo vigués de policías e bombeiros que representou á cidade nos Xogos Mundiais celebrados en Vancouver, Canadá, nos que obtiveron 12 medallas -3 de ouro, 7 de prata e 2 de bronce-, un resultado mellor do agardado.
venres, 14 ago 2009
Abel Caballero visitou este venres os obradoiros de verán que estanse a celebrar en distintos centros cívicos da cidade. No transcurso da súa visita ao de Coruxo, o alcalde asegurou que estudarán a posibilidade de levalos a toda a cidade e incluso que os colexios poidan acoller estas actividades, que gozan dunha ampla demanda.
xoves, 13 ago 2009
Abel Caballero completou este xoves a parte viguesa do Camiño de Santiago cos peregrinos europeos do proxecto Stellae que partiron desde Portugal como reivindicación da ruta que percorre a costa pontevedresa. O alcalde salientou a "idea brillante" de tratar o camiño que pasa por Vigo como un "ámbito de unión da nova Europa".
xoves, 13 ago 2009
Abel Caballero explicou que lanzarán as enquisas en once zonas de Vigo con vivendas sen garaxe para coñecer se "hai demanda certa" de aparcamentos. Se os servizos xurídicos avalan a proposta, a intención municipal é vender ás prazas aos residentes -non en concesión- a precio de custo e "con especulación cero".