Concello e Zona Franca comprométense á creación de 160 hectáreas de solo industrial

mércores, 11 xuñ 2003

O alcalde de Vigo en funcións, Lois Castrillo e o delegado do Consorcio da Zona Franca, Pablo Egerique, asinaron o pasado 8 de maio senllos convenios de colaboración para o desenvolvemento de 160 hectáreas de solo industrial no municipio. Nun dos convenios prevese a creación dun novo polígono empresarial nas parroquias de Matamá e Valadares. No outro recóllese a ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico.

O edificio Asefal alberga o Centro municipal de formación en novas tecnoloxías da comunicación

martes, 10 xuñ 2003

O Concello de Vigo dispón no edificio Asefal dun centro de formación en novas tecnoloxías no que se impartirán cursos a traballadores municipais e a diversos colectivos cidadáns. O centro créase a través dun convenio subscrito entre o Concello e Telefónica Telecomunicaciones Públicas S.A., empresa encargada de equipar o local habilitado pola administración municipal.

Presentada a Feira Mundial de Pesca

xoves, 5 xuñ 2003

O alcalde de Vigo en funcións, Lois Castrillo, Alfonso Paz Andrade, presidente do Comité Executivo da World Fishing Exhibition, e o conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, presentaron oficialmente a celebración desta exposición mundial que terá lugar en Vigo entre os días 17 e 21 do próximo mes de setembro.