O alcalde ratifica que a feira de Bouzas non voltará á Alameda de Suárez Llanos
Abel Caballero reuníse neste luns co presidente da Asociación de Veciños e a presidenta dos comerciantes e lles aconfirmou que o mercadiño manteráse no seu emprazamento actual, na explanada fronte ao Liceo Marítimo de Bouzas. O rexedor tamén lles transmitiu o estado actual da parcela na que se emprazará o centro de Saúde, xa doada por parte do Concello vigués á Xunta de Galicia
O alcalde de Vigo explicou hoxe luns que a feira de Bouzas manteráse no seu emprazamento actual, tal e como demandan os veciños. Así llo confirmou aos representantes da Asociación de Veciños de Bouzas e da Asociación de Comerciantes.
"A Alameda Suárez Llanos ten agora o destino que lle corresponde, o uso cidadán", asegurou Caballero, quen tamén explicou que os veciños lle trasmitiron "o seu entusiasmo" cos traballos de recuperación tanto da Alameda como das rúas Paulino Freire e as do entorno do mercado.
Na reunión abordaron tamén a situación da parcela na que o Sergas ten previsto emprazar un centro de saúde. Ao respecto o rexedor socialista insistiu en que o proxecto "está en mans da Xunta", dado que a parcela xa esta doada. "Agora é a Xunta a que ten que realizar o proxecto, dar o visto e prace, licitar e construir e queremos que se faga a maior brevedade posible", dixo.
Outro dos aspectos tratados no encontro cos veciños e comerciantes foron os aparcamentos proxecto que, segundo explicou Abel Caballero "mantemos e comprometemos". No caso dun dos aparcamentos previstos os técnicos están a estudiar a fórmula xurídica que permita levar adiante o aparcamento "salvando o problema das árbores" e sen necesidade de cambiar o Plan, indicou o alcalde.
Tamén avanzou que existe unha urbanización que ten unha cesión de 48 prazas para dominio público municipal que serán postas a disposición dos veciños de Bouzas.
Descargar todas as imaxes