luns, 9 ago 2010
O alcalde de Vigo entrevistouse este luns co presidente do Real Club Celta, Carlos Mouriño, e co director xeral da entidade, Antonio Chaves. Abel Caballero, quen definiu de "moi cordiais e satisfactorias" as reunións periódicas co club, reivindicou a "importancia" de que Vigo conte cun equipo de fútbol na máxima categoría pola proxección que ofrece á cidade en España e, eventualmente, en Europa.
luns, 9 ago 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou este luns o incremento da participación no programa Verán de Lecer, destinado a persoas con discapacidade. Na visita que este luns realizou ás instalacións do Centro Aspanaex xunto á concelleira de Benestar Social, María Méndez, o nacionalista asegurou que este ano se superaron as expectativas respecto ao ano pasado, xa que se pasaron de 140 persoas participantes nos campamentos de 2009 a 198 neste 2010.
luns, 9 ago 2010
Ás 11 da mañá deste luns comenzou a funcionar con total normalidade a nova glorieta ubicada en Gran Vía coa rúa Tarragona . Segundo explicou o alcalde vigués, Abel Caballero, toda a área de Gran Vía e de Povisa teñen xa a circulación e o tráfico que serán definitivos. O venres da pasada semana entraba tamén en funcionamento o tráfico na rúa Regueiro e a principios de xuño facía o mesmo a rotonda de Gran Vía con Islas Baleares.
luns, 9 ago 2010
O concelleiro de Xestión Municipal, Carlos L. Font, valorou hoxe luns positivamente a resposta da cidadanía ante o primeiro fin de semana de apertura da praia de A Punta, en Teis, tras as obras de rexeneración do areal vigués. Font recordou que o Concello ten previsto retirar a alambrada que separa a praia da ETEA para recuperar tamén esta "instalación emblemática para os vigueses".