Escoitar

Entra en funcionamento a rotonda de Gran Vía con Tarragona dando fluidez ao tráfico

Ás 11 da mañá deste luns comenzou a funcionar con total normalidade a nova glorieta ubicada en Gran Vía coa rúa Tarragona . Segundo explicou o alcalde vigués, Abel Caballero, toda a área de Gran Vía e de Povisa teñen xa a circulación e o tráfico que serán definitivos. O venres da pasada semana entraba tamén en funcionamento o tráfico na rúa Regueiro e a principios de xuño facía o mesmo a rotonda de Gran Vía con Islas Baleares.

luns, 9 ago 2010
1281358059IMG_0170.jpg
Esta actuación súmase a rotonda de Gran Vía con Islas Baleares que deu enorme fluidez a toda a zona. O socialista Abel Caballero indicou hoxe que a prioridade cando se levan obras adiante é "restaurar o tráfico o antes posible" e nesta zona "xa está de xeito definitivo".

A súa posta en funcionamento supón que se acorten as entradas de emerxencia a Povisa "con respecto ao réxime de tráfico que houbo nunca nesa zona", dixo o alcalde. Outra das súas posibilidades é que a nova rotonda facilita a saída desde o Centro Comercial Gran Vía evitando "os tapóns que se formaban".

O rexedor asegurou tamén que a expectativa é a dunha mellora "sustancial", quedando prohibidos os xiros a esquerda, polo que se elimina a perigosidade destas manobras. Polo de agora continuarase o estudio da evolución do tráfico na nova rotonda de Tarragona para delimitar con posterioridade a súa amplitude. Sobre este aspecto avanzou o alcalde socialista que a glorieta definitiva de Islas Baleares está delimitada e que o Concello traballa xa na contratación da rotonda definitiva.
Descargar todas as imaxes