mércores, 11 ago 2010
Abel Caballero recibiu na mañá deste mércores a carta que lle remitiu o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, na que propón unha reunión para establecer as pautas comúns de funcionamento. O alcalde respostou afirmativamente á proposta pero insistiu na vontade municipal de manter as instalacións abertas as 24 horas do día.
mércores, 11 ago 2010
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, fixo este mércores balance do servizo de Atención Primaria municipal correspondente aos seis primeiros meses de 2010. Na súa intervención, a edil nacionalista destacou o incremento do 29% de solicitudes das Risga, o aumento do 35% as correspondentes a dependencia e a subida do 18% das axudas de emerxencia social.
mércores, 11 ago 2010
Abel Caballero mantivo unha xuntanza con membros da directiva da Asociación Zona Centro para estudiar de forma conxunta as posibles vías de potenciación da actividad na zona do Progreso-María Berdiales coa intención de enlazalo no novo plantexamento de centros comerciais urbáns da cidade olívica.
mércores, 11 ago 2010
O alcalde de Vigo avanzou este mércores que o prazo de alegacións finalizou o pasado 3 agosto e que está agora pendente da súa publicación no Boletín provincial. Segundo os cálculos do rexedor, o pleno de finais de setembro podería xa rexirse polo novo regulamento. O novo texto supón "máis transparencia, maior democracia e mellor funcionamento" para o Pleno.