Escoitar

Caballero confía en ofertar 500 prazas nos obradoiros dos centros cívicos o vindeiro ano

O alcalde vigués visitou hoxe mércores un dos catro centros nos que se están a desenvolver os campamentos de verán e nos que participan preto de 200 nenos con edades comprendidas entre os 3 e os 13 anos. Abel Caballero lembrou tamén que o Concello duplicará o vindeiro ano a oferta de prazas das escolas infantís municipais

mércores, 11 ago 2010
1281531514obradoiros.jpg
O alcalde de Vigo anunciou hoxe mércores, na visita ao centro cívico de Saiáns, que o vindeiro ano o Concello poderá ofertar arredor 500 prazas para os rapaces nos meses de verán.

Na actualidade os obradoiros que promove a concellería de Participación Cidadá, dirixida polo socialista Santos Héctor, estánse a levar a cabo nos centros de Saiáns, Coruxo, Teis e por primeira vez no Casco Vello. Trátase de obradoiros con actividades lúdicas e educativas, sufragadas íntegramente pola Alcaldía e nas que participan un total de 192 nenos con edades comprendidas entre os 3 e os 13 anos.

Os obradoiros iniciáronse en 2008 e fóronse ampliando pola demanda cidadá en resposta a necesidade de conciliación da vida familiar e laboral e a de entretenemento dos pequenos. Na visita a Saiáns o rexedor destacou ademáis que se levan a cabo en centros cívicos polo que se lle da unha utilidade adicional a estas instalacións municipais.

Escolas infantís
A este respecto o rexedor socialista lembrou que as catro escolas municipais que hai na actualidade se suman as 3 que xa están en construcción e a posibilidade dunha máis que virían a duplicar a oferta de prazas de escolas infantís na cidade.

Tal e como explicou o alcalde "queremos facer de Vigo a cidade dos nenos" e de feito desde o Concello xa se lle transmitiu a UNICEF a petición desta declaración. "Esto implicaría máis atención aos colexios, máis escolas infantís e máis parques", asegurou Caballero quen afirmou tamén que en catro anos o goberno municipal ten creado ou ampliado un total de 200 parques infantís.
Descargar todas as imaxes