Escoitar

O alcalde incide en que a ETEA debe estar aberta de forma ininterrumpida para uso público

Abel Caballero recibiu na mañá deste mércores a carta que lle remitiu o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, na que propón unha reunión para establecer as pautas comúns de funcionamento. O alcalde respostou afirmativamente á proposta pero insistiu na vontade municipal de manter as instalacións abertas as 24 horas do día.

mércores, 11 ago 2010
1281532238etea.JPG
"Temos a vontade absoluta de que a ETEA permaneza aberta para uso e disfrute dos cidadáns de forma ininterrumpida". O alcalde de Vigo afirmou que mantense a decisión de que este espazo funcione as 24 horas do día.

A policía municipal encárgase da vixianza do espazo público pero matizou que "do espazo autonómico" terá que encargarse a Xunta. Aínda así amosou a disposición de colaborar no caso de que teñan "dificultades" pero insistindo na apertura de forma ininterrumpida.

Abel Caballero asegurou non compartir as "normas restrictivas" da Xunta nun das zonas da cidade que definiu coma "un dos máis fermosos ". "A ETEA é dos cidadáns de Vigo e ninguén vai impedir que a utilicen", recalcou.

Segundo avanzou o alcalde no encontro que manterá co conselleiro de Educación tocaránse tamén temas relacionados co colexio Alatmar, "a obriga de facer o centro na parcela que nos lle dicimos", da reforma dos comedores escolares e da Facultade de Medicina.

Carta á conselleira de Sanidade
Sobre este último aspecto, Abel Caballero manifestou que lle enviou unha carta á conselleira de Sanidade na que se demanda a habilitación de espazo en hospitais de Vigo para que se poida impartir a docencia de clases teóricas de segundo ciclo da Facultade de Medicina, tema xa resolto nos hospitais da Coruña. "Debe ser a Consellería de Sanidade a que habilite estos espazos para impartir a docencia", dixo o socialista.
Descargar todas as imaxes