O novo regulamento do pleno entrará en vigor trala súa publicación no BOP
O alcalde de Vigo avanzou este mércores que o prazo de alegacións finalizou o pasado 3 agosto e que está agora pendente da súa publicación no Boletín provincial. Segundo os cálculos do rexedor, o pleno de finais de setembro podería xa rexirse polo novo regulamento. O novo texto supón "máis transparencia, maior democracia e mellor funcionamento" para o Pleno.
O socialista Abel Caballero explicou que non se rexistraron alegacións ao texto "o que significa que o regulamento do pleno está aprobado", dixo. Tamén incidiu en que o feito de que non tivera alegacións "transformou a aprobación provisional en definitiva".
Neste mércores o alcalde asinou a remisión do regulamento á Xunta de Galicia e a publicación no BOP. "No momento no que o coñezan e cando se publique no BOP entrará en vigor e os plenos xa se rexirán por él", asegurou o alcalde. Ate o de agora os plenos rexíanse por un regulamento de hai 20 anos "que estaba superado", segundo o rexedor.
O novo regulamente inclúe a celebración dun debate anual democrático sobre o estado da cidade, no que o alcalde e os voceiros dos grupos municipais analizarán en qué forma avanza a cidade, unha posibilidade que xa existe nos parlamentos autonómico e nacional.
Tamén como novidade os concelleiros poderán comparecer a petición propia para expoñer a situación das súas concellerías o que reflicte, tal e como apuntou o alcalde, "máis transparencia, maior democracia e mellor funcionamento".
Descargar todas as imaxes