xoves, 12 agosto 2010

Font mantén a vontade de diálogo coa Xunta pero reitera que a ETEA debe estar aberta as 24 horas

O concelleiro socialista explicou este xoves que o alcalde de Vigo recibiu onte unha carta do conselleiro de Educación na que solicita unha reunión para falar da ETEA pero matizou que na misiva non se recolle unha data concreta para a mesma. Font mantén a disposición de diálogo coa institución autonómica, tal e como avanzou o pasado mércores o alcalde, pero asegurou que o goberno municipal reitera a petición de apertura as 24 horas

O tenente de alcalde anuncia que hoxe comeza a colocación do valado provisorio dos accesos aos aparcamentos do IFEVI

xoves, 12 ago 2010

O tenente de alcalde e presidente do comité executivo do IFEVI, Santi Domínguez, asegurou este xoves que esta tarde comezará a instalación do valado provisorio dos accesos aos aparcamentos do Instituto Feiral de Vigo. Para o nacionalista, é preciso evitar "de inmediato" que se repitan os feitos que tiveron lugar o pasado fin de semana, no que un grupo de xóvenes se concentraron cos seus vehículos nestas instalacións.

Mika pechará o vindeiro sábado no auditorio de Castrelos o programa das Festas de Verán 2010

xoves, 12 ago 2010

O cantante libanés Mika porá o vindeiro sábado 14 de agosto (23:00 horas) no auditorio de Castrelos o broche de ouro ás Festas de Verán 2010. Segundo afirma o concelleiro de Cultura, Xesus López, as festas deste ano contaron cunha programación ampla e variada, adaptada a todos os públicos e idades e que foi seguida por milleiros de persoas en diferentes puntos da cidade.