Escoitar

O tenente de alcalde anuncia que hoxe comeza a colocación do valado provisorio dos accesos aos aparcamentos do IFEVI

O tenente de alcalde e presidente do comité executivo do IFEVI, Santi Domínguez, asegurou este xoves que esta tarde comezará a instalación do valado provisorio dos accesos aos aparcamentos do Instituto Feiral de Vigo. Para o nacionalista, é preciso evitar "de inmediato" que se repitan os feitos que tiveron lugar o pasado fin de semana, no que un grupo de xóvenes se concentraron cos seus vehículos nestas instalacións.

xoves, 12 ago 2010
Santi Domínguez explicou que este aparcamento foi construído con posterioridade a estrutura orixinal do recinto feiral e no seu momento decidiuse non pechala. "Pero estes acontecementos que inclúen maniobras perigosas nos obrigan a tomar a decisión contraria", puntualizou o tenente de alcalde.

O nacionalista avanzou que nos vindeiros días se instalarán tamén portas fixas "ao igual que existen no resto do recinto". O obxectivo destas medidas é garantir a seguridade dos usuarios e usuarias do IFEVI e evitar que se produzan incidentes como os acontecidos nos pasados días.