Font mantén a vontade de diálogo coa Xunta pero reitera que a ETEA debe estar aberta as 24 horas
O concelleiro socialista explicou este xoves que o alcalde de Vigo recibiu onte unha carta do conselleiro de Educación na que solicita unha reunión para falar da ETEA pero matizou que na misiva non se recolle unha data concreta para a mesma. Font mantén a disposición de diálogo coa institución autonómica, tal e como avanzou o pasado mércores o alcalde, pero asegurou que o goberno municipal reitera a petición de apertura as 24 horas
O concelleiro socialista Carlos López Font asegurou que existe unha "descoordinación entre a Xunta na que parece que Lucía Molares márcalle a fecha da reunión ao conselleiro de Educación". "Desde logo a delegada da Xunta non lle vai marcar a data ao alcalde de Vigo", insistiu.
Font explicou que o alcalde enviou tamén onte unha contestación ao conselleiro de Educación na que lle reiterou a mesma proposta, que as antigas instalacións militares deben estar abertas ao uso e disfrute dos cidadáns as 24 horas do día. Ao respecto o concelleiro asegurou que a Xunta está a cometer unha "ilegalidade" no acceso á mesma. "É unha vía pública e a Xunta terá que protexer os seus edificios ao igual que o fan no resto dos edificios da súa titularidade", dixo.
Así o socialista explicou que se está pechando un espacio público sobre o que neste momento hai un "clamor dos cidadáns". "Pretenden pechar unha instalación que xa estivo moito tempo pechada". Font lembrou ademáis que a Etea "é dos vigueses" desde febreiro de 2009 "e teñen esta garantía no seu alcalde". O edil tamén instou ao organismo autonómico a adoptar as medidas que lles corresponden de vixiancia e protección dos seus edificios.
Descargar todas as imaxes