Caballero destaca na visita a Pi y Margall o estado "calamitoso" do sistema de saneamento e abastecemento
O rexedor amosou as antigas canles e afirmou que en todas as humanizacións da cidade estáse a proceder á separación de pluviais e fecais con novas canalizacións e un novo sistema de saneamento. Abel Caballero definiu o estado actual coma unha "calamidade" en térmos medioambientais. O Concello está a investir nesta humanización 3 millóns de euros co cargo á segunda fase do "plan Zapatero".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou hoxe martes os traballos de humanización de Pi y Margall, rúa cualificada coma unha de "tradicionais e emblemáticas" da cidade.
O socialista indicou que esta rúa "clamaba" por unha humanización, mellora de preto dun quilómetro de lonxitude que supón un investimento de 3 millóns de euros do "Plan ZP dous", e non retirará prazas de aparcamento en superficie. Caballero indicou que o prazo de finalización da obra é finais de decembro mais a construtora transmite a súa vontade de adiantar un mes os tempos previstos.
Abel Caballero explicou que o sistema de saneamiento debe tener "en torno a 35 años de antigüedade", sen separación de pluviais y fecais, unha "calamidade" en termos medioambientais. A humanización permitirá a separación das augas pluviais das fecais e a renovación integral de ambas, ademais dun novo sistema de abastecemento.
O alcalde afirmou que a humanización ampliará o espazo destinado aos peóns coas beirarrúas e mellorará a seguridade viaria cunha nova ordenación da sinalización e da calzada que ultima o Concello. O proxecto contempla asemade a instalación de 82 árbores, 120 puntos de luz, 45 papeleiras, e en torno a 25 bancos, xunto coa renovación das redes de servizos soterrados.
Abel Caballero concluíu que, unha vez estea rematada esta mellora e a que está en marcha na rúa López Mora, prácticamente -salvo un pequeno tramo- poderase camiñar por rúas humanizadas desde a Avenida de Galicia ata Samil, "unha nova forma de entender a cidade", apuntou o socialista.
Descargar todas as imaxes