Escoitar

O alcalde inaugura o Bull Ship, a escultura dunha nave viquinga localizada no Monte Alba

O alcalde, Abel Caballero, inaugurou este martes xunto co presidente da Mancomunidade de Montes, Doro Piñeiro, unha nova peza ubicada no chan das esculturas, no Alba vigués. A obra, a cargo do artista turco Kemal Tufan, representa un barco viquingo de pedra varado na ladeira e orientado ao cumio do monte.

martes, 10 ago 2010
1281445067escultura.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este martes unha nova escultura localizada no Monte Alba. O Bull Ship é unha nave de pedra viquinga orientada ao cumio do monte, segundo unha ancestral tradición mariñeira.

O alcalde, quen estivo acompañado do presidente da Mancomunidade de Montes, Doro Piñeiro, recordou que a historia de Vigo ten tanto que ver cos montes como coa Ría e a tradición mariñeira, e ensalzou o traballo da Mancomunidade na recuperación do patrimonio vigués.

A peza escultórica é obra de Kemal Tufan, artista turco nado en 1962 cunha dilatada traxectoria profesional no seu país de orixe. O Bull Ship intégrase desde este martes no chamado Chan das Esculturas, un complexo artístico situado na ladeira do Monte Alba que suma xa unha decena de pezas.
Descargar todas as imaxes