Escoitar

O Concello buscará unha solución urbanística aos problemas de crecemento de Aspanaex

Abel Caballero alabou a labor desempeñada por Aspanaex non só en Galicia senón coma unha referecia a nivel nacional, polo que avogou por acadar unha solución urbanística aos problemas de crecemento do local desta agrupación. Urbanismo estudiará dúas posibles vías que lle permitirían elaborar o proxecto do seu edificio en Castrelos

martes, 10 ago 2010
1281445399aspanaex.jpg
O rexedor socialista reuníuse esta mañá co presidente de Aspanaex, José Manuel Carballo, quen lle trasladou que o local que a agrupación ten no Monte da Mina é insuficiente. Tal e como avanzou Abel Caballero constatouse con Urbanismo que existen "dificultades no encaixe co novo plan polo desenvolvemento dun plan parcial".

Ante estas dificultades o alcalde ofreceulles dúas solucións nas que traballará Urbanismo para permitir que Aspanaex poida levar adiante o seu proxecto. A primeira delas sería o desenvolvemento dun planeamento singularizando o ámbito de Aspanaex que requeriría, tal e como apuntou Caballero, de visto bó xurídico. O alcalde matizou que polo de agora descoñecese se esto é posible pero que no caso de que o sexa faríase a través desta vía.

No caso contrario iríase á unha modificación puntual do plan, xustificado segúndo o rexedor, "na importancia da labor de integración das persoas con discapacidade levada a cabo por Aspanaex". Tamén insistiu o socialista que a modificación puntual do plan implicaría que se independice o ámbito no que están na actualidade. "É un ámbito social que tería edificabilidade e ámbitos de actuación social coherente coa filosofía do propio plan e da cidade", asegurou.

"Non estou disposto a que deixen de facer a magnífica labor que fan por ningún trámite administrativo". As instruccións que o alcalde deu a Urbanismo recollen que resolva no prazo dun ano, que é o tempo que a asociación necesita para elaborar o proxecto do seu edificio.
Descargar todas as imaxes