O Concello amosa a súa "satisfacción" pola resposta cidadá ao primeiro fin de semana da rexenerada praia de A Punta
O concelleiro de Xestión Municipal, Carlos L. Font, valorou hoxe luns positivamente a resposta da cidadanía ante o primeiro fin de semana de apertura da praia de A Punta, en Teis, tras as obras de rexeneración do areal vigués. Font recordou que o Concello ten previsto retirar a alambrada que separa a praia da ETEA para recuperar tamén esta "instalación emblemática para os vigueses".
O concelleiro de Xestión Municipal, Carlos López Font, amosou hoxe luns a "satisfacción" do goberno municipal pola "positiva" resposta cidadá ante a rexenerada praia de A Punta, en Teis, tras o primeiro fin de semana de apertura.
A rexeneración da praia complementa a apertura da ETEA para a cidadanía, "motivo de satisfacción" para o Concello nos seus compromisos co barrio. "Os cidadáns disfrutaron desta praia" este fin de semana, apuntou o socialista, e afirmou que "imos seguir traballando" para mellorar a zona de Teis.
Carlos Font asegurou que "recuperar unha praia é o mellor e maior compromiso do goberno municipal con Teis" e recordou que o Concello demolerá o resto de muro que queda en pé e retirará o valado do recinto da ETEA -que o separa da praia- tan pronto a Xunta de Galicia proceda a perimetrar os edificios da súa titularidade, tal e como anunciou o alcalde, Abel Caballero.
Nunha visita ao entorno da praia de A Punta, o edil socialista asegurou que o obxectivo do goberno municipal é recuperar para a cidadanía viguesa unha "instalación emblemática para os vigueses" como é a ETEA.
Descargar todas as imaxes