Escoitar

Santi Domínguez augura un "rotundo éxito" para O Marisquiño 2010 ao prever superar os 45.000 espectadores

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, cortou este venres a cinta que inaugura o apartado de competición de O Marisquiño 2010, tras comezar o onte co concerto ofrecido por Public Enemy en Castrelos. No acto, no que tamén participaron o concelleiro de Cultura, Xesus López, e o responsable de organización, Carlos Domínguez, o nacionalista asegurou que a décima edición de O Marisquiño será un "rotundo éxito" xa que as previsións apuntan que se superarán os 45.000 espectadores rexistrados no 2009.

venres, 6 ago 2010
1281098744marisquino.JPG
"Vigo pode sentirse orgulloso deste evento, que reúne o mellor do deporte e a cultura alternativos máis internacionais", manifestou Santi Domínguez tras o acto inaugural, Ata o domingo, música, skate, cine, parkour, break... entremezclaranse no Náutico, "e con eles poderá disfrutar a mocidade viguesa, e os xa non somos tan mozos, por suposto", dixo.

O tenente de alcalde destacou que tamén contribuirá ao éxito de O Marisquiño 2010 as previsións de participación, ao superar os 750 participantes de todo o mundo que se deron cita o ano pasado nas instalacións do Náutico. Santi Domínguez comentou, asemade, que na edición de 2009, contabilizáronse un millón de reproducións entre todos os vídeos colgados na rede.

Entre as novidades desta edición, Santi Domínguez salientou o FMX Freestyle Moto Cross. Trátase dun salto de 35 metros de lonxitude no que os pilotos alcanzan alturas de máis de 8 metros, polo que a espectacularidade está garantida. Lembrou que o ano pasado, a novidade do certame foi a mountain bike down town. Ao seu xuízo para esta proba "Vigo é un marco inigualable", xa que o descenso é dende a muralla do castelo de San Sebastián ata o Náutico atravesando o Casco Vello.
Descargar todas as imaxes