Xesus López anuncia que xa quedan moi poucas entradas á venda para o concerto que Bisbal ofrecerá mañá sábado
O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López, anunciou hoxe que xa quedan moi poucas localidades á venda para o concerto de David Bisbal de mañá sábado (23:00 horas) no auditorio de Castrelos, "polo que lograremos un cheo histórico en Castrelos".
Xesus López fixo estas declaracións no transcurso da rolda de prensa de presentación do concerto, na que tamén estivo presente a representante da promotora Sweet Nocturna, Raquel Seijo. O concelleiro destacou que "despois do concerto de onte con Public Enemy e os grupos de Vigo e de que acabemos de cortar a cinta inaugural do Marisquiño, damos un golpe de timón e cambiamos de estilo totalmente para recibir a David Bisbal". Precisamente, o concelleiro destacou que un dos obxectivos da programación das Festas de Verán 2010 era cubrir un amplo abano, "cubrir os gustos e intereses de todas e todos os vigueses".
O concelleiro nacionalista fixo un recordo pola historia musical de David Bisbal que comezou a súa carreira na primeira edición de Operación Triunfo e que actualmente se pode considerar "un fenómeno de masas", con catro discos editados e uns números espectaculares: máis de catro millóns de discos vendidos, 33 discos de platino e 16 de ouro". Chega a Vigo co cuarto traballo, "Sin mirar atrás", que entrou directamente ao número 1 de vendas en España e estados Unidos.
Nese mesmo sentido se expresou Raquel Seijo, quen indicou que "é un concerto dirixido a un público diferente, máis familiar, pero a xente que vaia o vai a pasar en grande". David Bisbal está a realizar unha xira de corenta concertos e contará no escenario coa presenza de cinco músicos, "do mellorciño" para acadar un gran directo. Ademais, a responsable da promotora destacou a interacción co público a través "dun sistema de televisión interna que leva ao público ao escenario. Quere facer unha comunión entre o público e el durante o concerto".
Apertura de portas: 21:00 horas.
Horario do despacho de billetes en Castrelos: 20:30 horas
Prezo das localidades: 8 euros en venda anticipada e 10 euros en despacho de billetes (sen cadeira). Puntos de venda: Servinova (wwww.servinova.com), central de Espectáculos (R/ Velázquez Moreno) e no despacho de billetes do auditorio de Castrelos.
Descargar todas as imaxes