O alcalde anuncia a apertura ao tráfico de Regueiro e a instalación o luns dunha rotonda provisional en Gran Via con Tarragona
Abel Caballero informou hoxe venres da apertura inmediata ao tráfico da rúa Regueiro, unha vez rematada onte a humanización. Por outra banda, o luns abrirase aos vehículos a rúa Tarragona, que cambiará o seu sentido a ascendente, e comezará a operar unha segunda rotonda provisional na Gran Vía, á altura de Tarragona. As modificacións conlevarán desde o luns pequenos cambios tamén en tramos de Pintor Colmeiro e da Hispanidade.
Unha vez aberta Regueiro, esta fin de semana será empregada polos técnicos municipais para instalar a nova sinalización da rúa Tarragona, que pasará a ser de sentido ascendente desde o luns.
Caballero indicou que a nova rotonda da Gran Vía con Tarragona permitirá gañar "fluidez" para a saída do centro comercial e "máis flexibilidade e capacidade" ao entorno de POVISA. Este cambio será "estratéxico" para a mobilidade da zona, apuntou o alcalde.
A rotonda que habilitarse o luns terá carácter provisional e o alcalde xa anunciou que a primeira instalada na Gran Vía con Illas Baleares está a funcionar "francamente ben" e pasará a ser definitiva, trámite no que xa está inmerso o Concello.
Desde a vindeira semana, as dúas rotondas conlevarán a prohibición dos xiros a esquerda na Gran Vía, exceptuando a bifurcación á rúa do Carme, na que os vehículos tamén poden cambiar de sentido.
Pintor Colmeiro e Hispanidade
A apertura de Regueiro e de Tarragona permitirá pequenas modificacións de tráfico nas rúas Pintor Colmeiro e na Avenida de Hispanidade. A primeira -no tramo entre Tarragona e a Hispanidade- pasará a ter dous sentidos de circulación, e a segunda será de sentido único de baixada á Gran Vía desde a rotonda de Pintor Colmeiro.
13 millóns
O alcalde recordou que coa apertura de Regueiro e Tarragona o Concello practicamente completa a humanización do entorno de POVISA, salvo o tramo da Avenida de Hispanidade, que farase próximamente.
Nas melloras das rúas o Concello investíu 13 millóns de euros, indicou Abel Caballero, que cualificou o cambio experimentado na zona como "unha desas actuacións que cambian unha cidade".
Descargar todas as imaxes