martes, 3 ago 2010
O alcalde de Vigo visitou hoxe martes os traballos de rexeneración da praia da Punta en Teis, un areal que multiplicará por cinco a súa superficie grazas ao derrubo do muro que o separaba da ETEA. A mellora, que iniciouse onte, alongarase toda a semana e empregará 7.500 toneladas de area procedente da desembocadura do Miño.
martes, 3 ago 2010
O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, anunciou este martes a incorporación de todos os establecementos hoteleiros da cidade á Fundación Vigo Convention Bureau, así como de dez novas empresas. "Deste xeito a Fundación acada a cifra de 55 empresas colaboradoras, cando o noso obxectivo inicial era de 75 en 3 anos", destacou o nacionalista. Anunciou tamén a celebración dun novo congreso na cidade no mes de outubro.
martes, 3 ago 2010
O programa Castro Cativo, dirixido aos máis pequenos, contará este ano cun complemento importante, segundo explicou hoxe o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, co espectáculo de Bob Esponja, que se celebrará na praia de Samil os días 4 e 5 de agosto. O teatro infantil incluído no programa Castro Cativo, que terá lugar dende hoxe ata o día 8 de agosto, trasládase ao auditorio municipal no Concello.
martes, 3 ago 2010
Varios grupos vigueses de hip hop terán a posibilidade de amosar o seu traballo ao público vigués no auditorio de Castrelos o día 5 de agosto a partir das 22:00 horas, antes da actuación de Public Enemy, no que é o concerto de apertura do Marisquiño. Así o explicou o concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesús López, durante a rolda de prensa de presentación do concerto.