Xesus López salienta a presenza de grupos vigueses no concerto, o 5 de agosto, de Public Enemy
Varios grupos vigueses de hip hop terán a posibilidade de amosar o seu traballo ao público vigués no auditorio de Castrelos o día 5 de agosto a partir das 22:00 horas, antes da actuación de Public Enemy, no que é o concerto de apertura do Marisquiño. Así o explicou o concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesús López, durante a rolda de prensa de presentación do concerto.
"Tivemos moitas peticións en numerosos foros para que se lle dera cabida aos grupos de gran calidade que temos na nosa cidade e por iso decidimos xuntalos na primeira parte do concerto baixo a denominación de Vigo All Star, na que o público poderá gozar coa música feita aquí. E xa na segunda parte, Public Enemy, os reis do hip hop, que chegan a Vigo xa con catorce discos no mercado".
O concelleiro explicou que "un dos obxectivos da nosa concellería é crear as plataformas para que os axentes, neste caso musicais, teñan a posibilidade de poder amosar as súas creacións, o seu traballo. Dentro da programación das Festas de Verán temos o programa Vigo Urban, dedicado principalmente aos grupos vigueses, e este ano ademais decididos darlle un espazo dentro do concerto de apertura do Marisquiño e compartindo cartel con Public Enemy".
O director do Festival O Marisquiño, Carlos Domínguez, Pity, destacou o feito de que se incrementou a oferta musical de "un día a catro" e tamén a importancia de "apoiar a escena de Vigo. Se temos a posibilidade de facelo, non o dubidamos".
Pola súa banda, o representante da promotora Sweet Nocturna, David Lago, Tibe, indicou que "cando nos puxemos a buscar grupo para acompañar a Public Enemy, atopámonos co problema de ter que elixir entre os grupos existentes en Vigo e de gran calidade, así que en colaboración co Concello decididos xuntar á xente máis representativa do hip hop vigués, e darlle a oportunidade de actuar ante un auditorio de 12.000 persoas".
No rolda de prensa tamén estiveron presentes "Pániko", de "Pániko en las calles" e Coque, de "El puto Coque", que serán os artistas vigueses que protagonizarán a primeira parte do concerto do xoves día 5 de agosto (22:00 horas), xunto a un grupo de invitados. Ambos coincidiron en subliñar que "imos concentrar o mellor do noso traballo e esperamos que o público poda gozar con nós".
Este concerto de apertura terá o nome de "Vigo All Stars" e comprende a participación de varios grupos que irán en dúas tandas:
-Puto Coque + os seus convidados (WÖYZA, SEILAESENCIA, VALDA E SALE)
-Paniko en las Calles + os seus convidados (XOKO SUIZO, DRUMDRAMA, ANUBIS METAL JACK, EL SEIS E DJ LIMBO).
Prezo das localidades: 10 euros en venda anticipada e 12 euros en despacho de billetes. Puntos de venda: Servinova (wwww.servinova.com), central de Espectáculos (R/ Velázquez Moreno) e no despacho de billetes de Castrelos.
Descargar todas as imaxes