O concelleiro de Cultura afirma que Vigo é cidade de grandes concertos grazas a presenza de grupos como Motörhead
O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López, destacou que xa é unha realidade que Vigo é unha cidade de grandes concertos: "Iso é grazas a que contamos con magníficas promotoras en Vigo, como Articket que nos permiten contar con grandísimos artistas como este ano por exemplo Patti Smith, Norah Jones, Joan Manuel Serrat e agora Motörhead". O concerto desta banda, con Lemmy Kilmister, Phil Campbell e Mikkey Dee, terá lugar mañá día 3 de agosto, a partir das dez da noite, no pavillón de As Travesas.
López fixo un pequeno repaso por "esta banda inglesa de heavy metal fundada en 1975 polo baixista, cantante e compositor Lemmy Kilmister, que se mantivo ao longo dos anos como o único membro estable" e agradeceu a presenza na rolda de prensa do batería Mikkey Dee, xa que o grupo chegou a Vigo onte. O membro da banda destacou que "xa estivemos en Vigo hai uns anos e acabamos de actuar en Madrid, pero nunca son suficientes as veces que vimos a España".
O batería explicou que chegaron onte directamente de Génova e "estivemos en algún pub da cidade tomando unha cervexa" e para hoxe tiña un plan relaxado: "darme un baño e pescar, que me encanta. Levamos moito tempo de xira, así que agora imos tomarnos uns días de relax en Vigo" . O grupo ven coa intención de facer un gran concerto en Vigo e destacou que "a xente en España es bastante aloucada, no bo sentido da palabra, e espero que podan gozar co espectáculo".
Pola súa banda, o promotor Bibiano Morón, responsable da organización do evento, Articket, indicou que "é un honor ter con nós a un grupo mítico como Motörhead, que ademais son xente entrañable e moi cercana". Eso si, chanceou e pediu desculpas aos "veciños do Val do Fragosos polo ruído que van a soportar mañá porque será similar "ao aterraxe en París do Concor, non sei cantos cristais romperemos".
Entradas á venda en Servinova, Ticketmaster, discos Elepé e Central de Espectáculos (30 euros máis gastos de distribución) ou 35 euros no despacho de billetes.
Descargar todas as imaxes