Escoitar

O Concello recomenda evitar a autoestrada á altura de Teis e reforzará a presencia policial na Avenida de Madrid

A reforma na ponte que sobrepasa a AP-9 en Teis -que causou onte xoves retencións de tráfico- alongarase ata o luns, polo que o alcalde, Abel Caballero, recomendou evitar ese tramo do vial e empregar outros accesos á cidade, como a Avenida de Madrid ou o segundo cinto a Navia. A autopista ten actualmente dous carrís de saída e un lento de entrada. Dependendo das retencións, os vehículos serán desviados por Rande-Puxeiros, apuntou Caballero.

venres, 30 xul 2010
1280492085avdamadrid.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recomendou hoxe venres aos condutores que eviten utilizar o tramo da autoestrada atlántica de acceso a Vigo á altura de Teis, ao tempo que o Concello reforzará o dispositivo policial na Avenida de Madrid.

Esta decisión municipal ven causada polas obras de reforma dunha pasarela con risco de desprendimento que sobrepasa a AP-9 en Teis, traballos que onte obrigaron a interrumpir o tráfico e que actualmente o manteñen limitado a dous carrís de saída e un de velocidade lenta de entrada a urbe.

O asentamento da ponte alongarase ata o luns, segundo avanzou o alcalde, feito polo que o Concello recomendou evitar este tramo e desviarse aos restantes accesos pola Avenida de Madrid ou polo segundo cinto ata Navia.

Caballero explicou que, en colaboración coas restantes entidades implicadas, decidíuse desviar o tráfico da autoestrada por Rande-Puxeiros cando as aglomeracións de vehículos alcancen a devandita saída. O alcalde informou tamén de que a concesionaria da AP-9 revisará o estado de todas as pontes.
Descargar todas as imaxes