Escoitar

Santi Domínguez recibe aos mozos e mozas de Italia, Chipre, Dinamarca e Eslovaquia do intercamio Vigo´ing together

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, recibiron hoxe aos 30 mozos e mozas e 5 monitores que participan no programa de intercambio Vigo´ing together, un proxecto de educación non formal e tempo libre baseado na cultura mariñeira á que están ligados os países dos grupos participantes que, xunto con España, son Italia, Dinamarca, Esolovaquia e Chipre.

xoves, 29 xul 2010
1280474216Intercambio.JPG
O tenente de alcalde deu a benvida aos participantes no intercambio e animounos a aproveitar a súa estadía "nunha cidade que é xove como vós e que está orgullosa de ter sempre un espazo para a xuventude". Santi Domínguez dixo que era unha gran noticia que estiveran estes días en Vigo porque ofrecen a posibilidade de que nosos mozos e mozas se acheguen a culturas diferentes e aprendan delas.

"O importante destes intercambios é que a xuventude podedes axudarnos a construír unha sociedade mellor. Os valores que hoxe a mocidade defende como a solidariedade, o pacifismo, o ecoloxismo, a modernidade os queremos incorporar ao noso traballo para facer unha sociedade mellor", asegurou o tenente de alcalde.

A concelleira Iolanda Veloso salientou que nesta época, na que as relacións entre os países son máis doadas, é importante que "a xente nova coñeza outras culturas e teña proxectos en común con mozos e mozas doutros países". A responsable de Xuventude tamén quixo agradecer o traballo de Abertal, que é a entidade organizadora do intercambio.
Descargar todas as imaxes