venres, 30 xul 2010
Abel Caballero reuniuse hoxe venres cunha representación veciñal da propiedade, tras a sentencia xudicial que invalida a orde de derrubo do edificio. O alcalde reiterou que a subsanada ilegalidade da edificación debeuse a un erro administrativo municipal e non a un "pelotazo urbanístico", e adiantou que esta legalización non significa que o resto de propiedades amenazadas corran a mesma sorte nos tribunais.
venres, 30 xul 2010
O tenente de alcalde de Vigo, Santi Domínguez, e o concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López, presentaron hoxe a Semana Grande das Festas de Vigo, que comezará o luns día 2 de agosto coa lectura do pregón por parte do actor galego Luis Zahera (21:30 horas) e a actuación da compañía Xarxa Teatre (22:00 horas). O nacionalista explicou que neste acto tamén estará presente o acto Luis Tosar, que recibirá ese mesmo día pola mañá o título de embaixador honorífico do Casco Vello de Vigo.
venres, 30 xul 2010
A Xunta de Goberno Local celebrada este venres deu luz verde ao convenio da nova depuradora de Vigo, un texto que será rubricado o luns por parte do alcalde, a ministra de Medioambiente e a Consellería de Medioambiente. Abel Caballero cualificou a aprobación de "magnífica nova" e concluíu que, despois de largas negociacións, "as cousas remataron ben para esta cidade".
venres, 30 xul 2010
O Museo da Cidade Quiñones de León continúa cos seus "Domingos de Museo" , onde se poderá seguir gozando da visita dinamizada para nenos/as e familias e das visitas guiadas para público en xeral. Este domingo Landriña, a mascota do museo, propón aos participantes descubrir a abstracción a partir de dúas simpáticas amigas chamadas Kiki e Bubba
venres, 30 xul 2010
Dado o éxito das pasadas convocatorias, o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, en colaboración coa ONG Solidarios Anónimos, continua a 3º Edición da Campaña de Concienciación Social o vindeiro luns 2 de Agosto ás 10:30 horas, contando coa participación activa do Colectivo de Voluntariado do Concello de Vigo.