Escoitar

O tenente de alcalde acorda co reitor colaborar para xerar proxectos vinculados a turismo, industria e comercio

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o reitor Salustiano Mato acordoron hoxe establecer canles de colaboración que permitan desenvolver proxectos en beneficio da cidade no transcurso da visita institucional que o nacionalista realizou hoxe á Universidade de Vigo. Industria, comercio ou turismo serán algúns dos sectores nos que se vai traballar coordinamente para abordar proxectos en común.

xoves, 29 xul 2010
1280474185reitor.JPG
Santi Domínguez dixo que "fora un encontro de futuro", porque vai permitir desenvolver proxectos aplicables á diferentes ámbitos da cidade. Explicou que hoxe "avanzamos as liñas polas que imos traballar" e adiantou que no mes de setembro estableceranse protocolos de colaboración e grupos de traballo para desenvolver as accións conxuntas. O reitor sinalou que eses equipos específicos "irán xerando produtos para cada ámbito e que iremos dando a coñecer segundo se complenten".

O tenente de alcalde avanzou que a colaboración terá un eixo fundamental no emprego, dirixido á xente que remata os seus estudos universitarios, e tamén na empresa "para que o noso tecido empresarial teña acompañamento do Concello e a Universidade no seu camiño". O nacionalista indicou que o pequeno e mediano comercio será un dos sectores sobre os que se vai a actuar, desenvolvendo ferramentas que permitan modernizalo e mellorar a súa competitividade. A este respecto, sinalou que en breve vaise encargar a un grupo da Universidade un Plan Estratéxico dos Mercados.

Outros del eixos da colaboración, segundo explicou o tenente de alcalde, será o turístico. "Temos xa en marcha o Plan de Competitividade Turística, pero queremos seguir apostando por novas técnicas de captación de visitantes, pola avaliación dos distintos segmentos nos que se pode traballar para atraer visitantes a nosa cidade", apuntou.

O reitor apostou por tratar de buscar "un turismo intelixente, non estacional. Hai solucións para elo e nós podemos aportar moito" afirmou. Salustiano Mató tamén sinalou que a internacionalización que busca a Universidade "leva a carta de presentación da cidade de Vigo" e será un factor que aporte valor engadido ao sector turístico.

Santi Domínguez indicou que tamén se continuará estreitando a colaboración no eido deportivo, "onde xa temos un camiño moi importante percorrido co proxecto da Universiada". Salustiano Mato apuntou que neste ámbito hai que coordinar o movemento asociativo aorredor do deporte e a saúde.

O reitor salientou que esta colaboración que hoxe se estableceu vai na liña que está impulsar para "correlacionar a nosa actividade cos sectores económicos e os primeiros cos que o temos que facer é cos das cidades nas que estamos inxeridos. A sociedade ten que sentir o noso alento, ten que visualizar para que somos útiles".
Descargar todas as imaxes