Santi Domínguez destacou o carácter innovador da Coral Casablana "para atraer a novos públicos"
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou onte martes o grande esforzo que está a realizar a Coral Casablanca, para achegarse a novos públicos, con espectáculos diferentes e actuais e que poderá comprobarse o próximo día 30 de xullo no auditorio de Castrelos (22:30 horas). A coral presentará nese concerto o programa "Belle Pop", no que fará un percorrido por algunas das cancións máis coñecidas do pop español en versión sinfónico-vocais.
Na presentación do concerto de onte martes, na que tamén estiveron presentes o concelleiro de Cultura, Xesús López; e o director da coral, Óscar Villar, o tenente de alcalde destacou que o concerto da Coral Casablanca "é unha das citas clásicas das Festas de Verán", así como o seu traballo "na busca da innovación e calidade, aspecto no que veñen traballando nos últimos anos co obxectivo de atraer a novos públicos e idades". O nacionalista animou á xente a asistir a este concerto porque "son cancións de toda a nosa vida, pero nunha adaptación coral espectacular".
Pola súa banda, o concelleiro Xesús López recordou que seguimos adiante co programa das Festas de verán 2010, "nestes momentos co Festiclonw en plena ebullición" e a cita do venres é "un concerto enormemente agardado". López destacou que son máis de 100 voces, acompañadas por unha orquestra de 50 mestres, coa que imos repasar un repertorio de cancións emblemáticas". O responsable do departamento de Festas recordou que a Coral Casablanca ten unha historia de máis de 50 anos e que levou o nome de Vigo polos mellores teatros do Estado español e parte de Europa".
Pola súa banda, o director da Coral, Óscar Villar, despois de agradecer o apoio da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Cultura, explicou que teñen moi claro que o obxectivo para eles é achegar a coral a novos públicos, xente nova: "Se o logramos, o traballo estará ben feito".
O acceso ao auditorio de Castrelos é gratuito, pero con invitación. As mesmas estarán a disposición dos interesados dende dúas horas antes do inicio do concerto (20:30 horas) no despacho de billetes de Castrelos, ata que se agoten.
O espectáculo. "Belle Pop" e o título xenérico co que a Coral Casablanca e a Orquestra do Círculo Mercantil de Vigo, fan un percorrido por algúns dos temas máis representativos da Música Pop española dos anos 70, 80 e 90 do século XX.
Trátanse de versións inéditas, sinfónico vocais, para coro e orquestra, coa clara intención de captar novos públicos xóvenes, tanto como espectadores como cantores. Deste xeito poderemos escoitar versións de cancións de Luis Emilio Batallán, X. M. Serrat, L. E. Aute, Los Secretos, Amaral, Joaquín Sabina, Mecano, Antonio Flores, etc.
Compoñen o programa obras como: "Al Alba", "Ahí ven o Maio", "Mediterraneo", "Déjame", "No Dudaría", "Pongamos que hablo de Madrid", o "Hijo de la Luna" entre outros. Todos os arranxos para coro e orquestra son inéditos, feitos para esta ocasión.
Descargar todas as imaxes