mércores, 28 xul 2010
O alcalde entrevistouse este mércores coa nova diretiva do Instituto de Estudios Vigueses, cos que abordou a súa futura ubicación e estudaron conxuntamente a posibilidade de incorporar aos festexos de Bicentenario a mostra de distintos filmes inéditos antigos que amosan a cidade de Vigo. Un deles, que data de 1927, terá que ser restaurado en Madrid. Caballero fixou novembro como obxectivo para as representacións.
mércores, 28 xul 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou onte martes o grande esforzo que está a realizar a Coral Casablanca, para achegarse a novos públicos, con espectáculos diferentes e actuais e que poderá comprobarse o próximo día 30 de xullo no auditorio de Castrelos (22:30 horas). A coral presentará nese concerto o programa "Belle Pop", no que fará un percorrido por algunas das cancións máis coñecidas do pop español en versión sinfónico-vocais.
mércores, 28 xul 2010
Abel Caballero visitou na tarde de onte martes o novo parque infantil de Venezuela, no que o Concello investíu 25.000 euros máis para amplialo. O goberno local engadíu catro novos xogos infantís para os máis pequenos, instalouse solo de caucho en catro colores e un sanecán, reformouse o valado e a cartelería.