Vigo estreará un sistema innovador para recabar información dos fluxos de tráfico via Bluetooth
O concelleiro de Mobilidade, Xulio Calviño, e o responsable de TrafficNow, Gabriel Garrido, presentaron hoxe xoves un sistema experimental de "custe cero" para coñecer percorridos e velocidades medias do tráfico vía Bluetooth. A próxima semana instalaranse cinco sensores na Avenida de Madrid, na Gran Vía e en Castelao, que contactan cos dispositivos Bluetooth dos vehículos para recabar datos estadísticos.
O concelleiro de Mobilidade, Xulio Calviño, presentou este xoves un sistema experimental e innovador a "custe cero" para recabar datos estadísticos de tráfico vía Bluetooth, durante as 24 horas e on line.
Segundo explicou o socialista, xunto co responsable da empresa TrafficNow, Gabriel Garrido, este sistema contacta cos identificadores Bluetooth dos vehículos e/ou condutores para calcular velocidades medias, percorridos e densidade de tráfico, sen captar números de teléfono, matrículas ou calquera dato identificativo. Os sensores tampoco servirán para detectar infraccións.
Este modelo é experimental e innovador, cun único antecedente similar en Zaragoza, explicou o responsable da empresa. Instalaranse a vindeira semana cinco sensores en semáforos á altura do Seminario na Avenida de Madrid, neste misma vía case na Praza de España, en Gran Vía á altura de Urzáiz e da rúa do Carme, e nas proximidades do hipermercado na Avenida de Castelao.
O obxectivo é inicialmente captar datos meramente estadísticos dos fluxos de tráfico -"imprescindible" para a planificación viaria, apuntou Xulio Calviño- en catro percorridos: do Seminario á Praza de España, da Praza de España ás proximidades da Praza de América, da Praza de España a Urzáiz, e do Praza de América ao hipermercado da Avenida de Castelao.
O volume de vehículos identificados polos sensores pode rondar o 25% do total, tal e como asegurou Garrido, atendendo á experiencia doutras urbes como Barcelona. Esta porcentaxe permite "de forma precisa" dar unha visión significativa dos fluxos de tráfico urbano.
Descargar todas as imaxes