Escoitar

Campaña de concienciación social 2010 Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, Voluntariado do Concello e a ONG Solidarios Anónimos

Dado o éxito das pasadas convocatorias, o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, en colaboración coa ONG Solidarios Anónimos, continua a 3º Edición da Campaña de Concienciación Social o vindeiro luns 2 de Agosto ás 10:30 horas, contando coa participación activa do Colectivo de Voluntariado do Concello de Vigo.

venres, 30 xul 2010
Unha vez máis, o Parque Nacional e a ONG Solidarios Anónimos, proseguen coa realización de actividades para distintos colectivos con necesidades de inclusión, talles como: itinerarios guiados, educación e fomento de actitudes de respecto á natureza, confección de folletos e outras ferramentas sensoriais adaptadas a colectivos con algunha diversidade funcional.

O obxectivo social non é outro que promover, de xeito activo, accións de integración natural para todos os públicos, sexa cal for a limitación ou situación concreta dos participantes.

DIA: LUNS 2 de AGOSTO
HORA: 10:30 HORAS
LUGAR: ESTACIÓN MARÍTIMA DE VIGO
COLECTIVO: OMV VOLUNTARIOS DO CONCELLO DE VIGO
CONVOCA: PARQUE NACIONAL MARITIMO-*TERRESTE DAS ILLAS ATLANTICAS DE GALICIA E A ONG SOLIDARIOS ANÓNIMOS.