Santi Domínguez anuncia que Luis Tosar e Luis Zahera abrirán a Semana Grande das Festas de Verán
O tenente de alcalde de Vigo, Santi Domínguez, e o concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López, presentaron hoxe a Semana Grande das Festas de Vigo, que comezará o luns día 2 de agosto coa lectura do pregón por parte do actor galego Luis Zahera (21:30 horas) e a actuación da compañía Xarxa Teatre (22:00 horas). O nacionalista explicou que neste acto tamén estará presente o acto Luis Tosar, que recibirá ese mesmo día pola mañá o título de embaixador honorífico do Casco Vello de Vigo.
Santi Domínguez animou a todos os vigueses e viguesas a participar nas actividades da Semana Grande, que comezarán coa lectura do pregón por parte do actor galego Luis Zahera. Xa como se fixo o ano pasado, haberá sirenazo de apertura das festas e repartiranse tres mil sireniños entre os asistentes ao acto na Praza da Constitución.
O tenente de alcalde destacou a gran programación das Festas de Vigo a pesares dos recortes orzamentarios e por iso felicitou a todo o equipo de Cultura porque "conseguiu facer un programa de calidade e aberto a toda a cidadanía e do que os vigueses e viguesas se sentirán orgullosos".
Pola súa banda, o concelleiro asegurou que "fixemos unhas festas participativas, identificativas e programadas para cubrir un amplo abano de públicos que satisfaga a todos e todas. Ademais continuamos con esa liña de utilizar espazos emblemáticos da cidade, como a Praza de Compostela, a Porta do Sol, a Praza da Constitución, a rúa Londres ou a Praza da Estrela". Xesús López destacou a actuación inicial da Semana Grande, Xarxa Teatre "que fixo un espectáculo especial para a apertura da nosa Semana Grande".
A primeira actuación da Semana Grande na Porta do Sol (22:00 horas), a cargo compañía de teatro de rúa de Castellón, Xarxa Teatre, coa realización do espectáculo "Vigo, terra de tesouros". Trátase dunha montaxe especial con motivo das festas. Con este espectáculo Xarxa Teatre internarase na cultura e as tradicións galegas sen fuxir da súa estética mediterránea que o fixo dar a volta ao mundo.
Os versos do xograr Martin Codax (Ondas do mar de Vigo) darán paso a un espectáculo de gran formato que contará coa participación de máis de 40 artistas e coa colaboración de entidades locais como a Agrupación Cultural Folclórica O Fiadeiro. Dende Codax á referencia doutros autores galegos como Álvaro Cunqueiro, Xarxa Teatre levará ata Vigo personaxes fantásticos (a serea ou os demos) xunto con outros símbolos recentes da cidade, como o Sereo do escultor Francisco Leiro.
Descargar todas as imaxes