luns, 2 ago 2010
O actor galego Luis Tosar recibiu hoxe a praca que o nomea como "Embaixador honorífico do Casco Vello de Vigo" de mans do tenente de alcalde, Santi Domínguez. O acto tivo lugar na Casa Galega da Cultura e nel tamén participaron o concelleiro de Cultura, Xesus López, e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez. Trala entrega e a posterior rolda de prensa, todos eles realizaron unha visita polo Casco Vello vigués no que a primeira parada foi o bar ao que Tosar lle ten máis cariño, "O Chavolas", onde foi recibido con bicos, abrazos e case choros pola súa dona.
luns, 2 ago 2010
O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López, destacou que o obxectivo do programa Vigo Urban é crear unha plataforma para que os grupos vigueses teñan onde facer a súa música. Este programa comezará mañá coa noite Funk e as actuacións de Mr Caracter (22:30 horas) e de Phantom Club (24:00 horas).
luns, 2 ago 2010
O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López, destacou que xa é unha realidade que Vigo é unha cidade de grandes concertos: "Iso é grazas a que contamos con magníficas promotoras en Vigo, como Articket que nos permiten contar con grandísimos artistas como este ano por exemplo Patti Smith, Norah Jones, Joan Manuel Serrat e agora Motörhead". O concerto desta banda, con Lemmy Kilmister, Phil Campbell e Mikkey Dee, terá lugar mañá día 3 de agosto, a partir das dez da noite, no pavillón de As Travesas.