Caballero, Hernández e Espinosa asinan o convenio de construcción da nova depuradora de Vigo
Concello de Vigo, Xunta de Galicia e Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Marino (MARM) rubricaron hoxe luns o texto para a construcción da nova EDAR de Vigo, de 230 millóns de euros. A de Vigo é a depuradora "máis custosa que executa o Ministerio" actualmente, apuntou a ministra, e inicia hoxe a súa andaina para ser adxudicada nos primeiros meses de 2011.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, e a ministra de Medio Ambiente, Rural e Marino, Elena Espinosa, asinaron este luns no Concello o convenio para a construcción da nova depuradora de Vigo, cun custe de 230 millóns de euros, a "máis custosa que executa actualmente o Ministerio".
Alcalde, conselleiro e ministra eloxiaron o "esforzo conxunto" das tres administracións e de todas as partes implicadas na redacción dun convenio "satisfactorio para todos", indicou Caballero, que supón a resolución do problema do saneamento da Ría, que é un problema "de Vigo, de Galicia e de España", coincidiron en afirmar.
Acuanorte, sociedade estatal encargada do proxecto, contempla sacar en setembro a licitación do mesmo, abrindo un prazo de catro meses para que as empresas presenten as ofertas e outros dous ou tres despois para a resolución do concurso. O obxectivo é adxudicar a obra nos primeiros meses de 2011.
O presidente de Acuanorte, Jorge Marquínez, incluso non desbota a posibilidade de que os traballos de construcción da depuradora do Lagares poidan comezar antes de que remate o 2011, obras que alongaranse durante catro anos e que en ningún momento suporán que Vigo quede sen depuración. Segundo explicaron, a edificación da mesma compaxinarase co funcionamento da actual, e a propiedade e xestión da nova infraestrutura corresponderá ao Concello.
A nova depuradora duplicará o espazo da actual -cun total de 12 hectáreas sobre as 6 actuais- e boa parte da mesma irá soterrada. O proxecto inclúe ademais a recuperación de 1,5 hectáreas para a restauración da marisma e outra parte para un cinto verde que aislará a instalación de saneamento. Dará servizo a unha poboación de 800.000 persoas, crecemento estimado para Vigo en 2042.
O acordo asinado establece que o Concello achegará os terreos necesarios para a nova depuradora, valorados en 13,6 millóns de euros, e a Xunta de Galicia e o MARM custearán o total da dotación. O alcalde confirmou que o proceso de expropiación das seis novas hectáreas necesarias xa está iniciado e inclúen vivendas. Os terreos da actual EDAR serán postos a disposición do Ministerio este mesmo ano.