Santi Domínguez entrega a Luis Tosar a praca que o nomea embaixador honorífico do Casco Vello
O actor galego Luis Tosar recibiu hoxe a praca que o nomea como "Embaixador honorífico do Casco Vello de Vigo" de mans do tenente de alcalde, Santi Domínguez. O acto tivo lugar na Casa Galega da Cultura e nel tamén participaron o concelleiro de Cultura, Xesus López, e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez. Trala entrega e a posterior rolda de prensa, todos eles realizaron unha visita polo Casco Vello vigués no que a primeira parada foi o bar ao que Tosar lle ten máis cariño, "O Chavolas", onde foi recibido con bicos, abrazos e case choros pola súa dona.
O tenente de alcalde agradeceu a colaboración absolutamente desinteresada do actor coa cidade de Vigo: "Hoxe é un dos días nos que me sinto máis satisfeito porque teño a honra de que un gran artista como Luis Tosar, recoñecido en todos os lugares polo seu traballo e pola súa aposta por Galicia e as súas xentes, aposte tamén pola nosa cidade".
Santi Domínguez lembrou que cando se lle propuxo a Luis Tosar ser o embaixador do Casco Vello aceptou de inmediato e de forma altruísta. "A partir de agora sabemos que aí por onde vaia, e cando teña que recoller o Óscar, vai falar do Casco Vello vigués", dixo o nacionalista. Este nomeamento foi aprobado por toda a corporación viguesa de forma unánime.
Pola súa banda, o actor explicou que non tardou moito en aceptar este recoñecemento, porque "aínda que non son de Vigo, teño moitos vínculos con Vigo, moitos amigos que viven aquí, experiencias cinematográficas, teatrais e incluso musicais... Por iso, aceptei encantado e o que da as grazas son eu".
Luis Tosar dixo que un dos seus sitios favoritos do Casco Vello vigués é a Praza da Constitución, "tamén toquei nela", lembrou. Destacou asemade o cambio que está a sufrir o casco histórico para "mellorar", algo que estaban reclamando os veciños e veciñas dende hai tempo. "Era necesario traballar na recuperación do casco histórico para recuperar parte da identidade de Vigo", sinalou.
Tosar asegurou sentirse moi orgulloso por este nomeamento e deu as grazas a todo o equipo de Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Cultura, e animou aos vigueses e viguesas a gozar coas festas. Hoxe pola noite asistirá ao pregón.