Escoitar

Xesus López destaca que Vigo Urban, que comeza mañá martes, dá oportunidades aos grupos musicais vigueses

O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López, destacou que o obxectivo do programa Vigo Urban é crear unha plataforma para que os grupos vigueses teñan onde facer a súa música. Este programa comezará mañá coa noite Funk e as actuacións de Mr Caracter (22:30 horas) e de Phantom Club (24:00 horas).

luns, 2 ago 2010
1280755596urban.JPG
Na presentación do programa, que se desenvolverá dende mañá día 3 ata o domingo 8 na Praza da Estrela, tamén participou o responsable da programación musical Xulio Gómez, da empresa SinSal. Xulio Gómez explicou que os grupos agradecen esta oportunidade única de tocar la rúa e nun escenario cun bo equipo e "por iso intentamos non repetir grupos de ano a ano, para dar máis oportunidades". Por iso, o representante de SinSal agradeceu a oportunidade que se nos da dende o Concello e o esforzo económico que fai".

O máximo responsable do departamento de Cultura do Concello, Xesus López, recordou que Vigo conta con magníficos cantantes e grupos e que "merecen ter unha plataforma para desenvolverse". Ademais, Xesus López recordou que a Semana Grande comeza hoxe mesmo e fixo un repaso por todos os programas que se poñen en marcha para cubrir un amplo abano de públicos (Castro Cativo, Cine, Vigo Folk, Vigo Urban, Praza da Constitución...).

O programa está dividido por estilos e cada noite está dedicada a un en concreto e de forma especial, Xulio Gómez destacou a noite do venres 6 de agosto que estará dedicada á música dos anos sesenta con grupos vigueses e algún de fóra.
Descargar todas as imaxes