Escoitar

O alcalde avanza que o aparcadoiro e a humanización de Castelao serán inaugurados na segunda quincena de setembro

Abel Caballero visitou hoxe xoves os traballos de construcción do aparcadoiro soterrado da Avenida de Castelao, en Coia, e da humanización de máis de medio quilómetro de avenida, melloras que serán inauguradas na segunda quincena de setembro. O alcalde explicou que este mes rematará o acondicionamento da superficie e Urbanismo procederá en setembro á revisión da instalación e á concesión das oportunas licencias previas á apertura definitiva.

xoves, 5 ago 2010
1281011690parkin.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Xestión Municipal, Carlos López Font, visitaron a última etapa da construcción do aparcadoiro soterrado da Avenida de Castelao, que suma 400 prazas e dispón de reservas para residentes.

O alcalde asegurou que o resultado da humanización en superficie será "francamente excepcional", cunha "combinación de verde, granito e xardineiras", e recordou que o goberno local que preside modificou o proxecto para instalar granito na superficie en lugar da loseta prevista pola anterior corporación municipal.

Abel Caballero recordou que o Concello xa construíu a beirarrúa próxima aos edificios, no lateral dereito da Avenida de Castelao, e agora completarase a mellora da rúa coa humanización de máis de medio quilómetro do principal vieiro de Coia.
Descargar todas as imaxes