O programa Verán de Lecer para persoas con discapacidade incrementa a participación nun 70%
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou este luns o incremento da participación no programa Verán de Lecer, destinado a persoas con discapacidade. Na visita que este luns realizou ás instalacións do Centro Aspanaex xunto á concelleira de Benestar Social, María Méndez, o nacionalista asegurou que este ano se superaron as expectativas respecto ao ano pasado, xa que se pasaron de 140 persoas participantes nos campamentos de 2009 a 198 neste 2010.
Santi Domínguez afirmou que Verán de Lecer tenta cumprir dous obxectivos fundamentais para as áreas que coordina a Tenencia de Alcaldía e o BNG, na liña de acadar a igualdade de oportunidades. "Verán de Lecer permite que as persoas con discapacidade teñan a posibilidade de participar nas diversas actividades programadas", explicou.
Por outra banda, o tenente de alcalde sinalou o programa tamén ten o obxectivo de "permitir o respiro familiar" aos familiares que coidan ás persoas con discapacidade, "para que poidan disfrutar dunhas pequenas vacacións nesta época", comentou.
Verán de Lecer ofreceu o mesmo número de prazas que o ano pasado, aínda que se levou a cabo unha redistribución da oferta, segundo apuntou Santi Domínguez xa que se comprobou que a demanda de prazas era superior en agosto que en xullo. Dos 198 participantes neste verán, 67 nenos e nenas o fixeron no campamento de xullo, que tivo lugar no museo Verbum, mentres que 131 participan no progorama que se está desenvolvendo neste mes de agosto no centro Aspanaex.
O nacionalista felicitou á concelleira de Benestar Social e ao seu equipo "polo seu traballo a prol da igualdade de oportunidades". Entre outros aspectos mencionou as medidas postas en marcha para fomentar a accesibilidade e a prol dos colectivos excluídos socialmente. "Seguiremos traballando nesta liña", asegurou Santi Domínguez.
María Méndez, en resposta ás preguntas dos medios, indicou que o orzamento de Verán de Lecer é de 34.000 euros. Salientou que se trata dun programa que aporta "valor engadido" no que á creación de emprego se refire. A concelleira de Benestar Social explicou ao respecto que son 19 os monitores e monitoras os responsables de atender as persoas participantes. Trátase de persoas que xa teñen experiencia en colexios de integración, polo que asegurou que son monitores e monitoras "perfectamente preparadas".
Descargar todas as imaxes