xoves, 14 out 2010
Tras reunirse con responsables do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), Caballero avanzou que antes de rematar o ano sairá a licitación a cuberta da estación ferroviaria e o proxecto de cooperación público-privada da estación. Ambas partes, unidas á xa contratada, suman 220 millóns de euros. O alcalde indicou que agarda a confirmación de Mayne para que o arquitecto presente o seu proxecto arquitectónico en Vigo o 10 de xaneiro.
mércores, 13 out 2010
Abel Caballero asistiu este mércores á posta en funcionamento do rodillo especial do Bicentenario da cidade na oficina central de Correos en Vigo; unha oficina que, segundo explicou o alcalde, é a que ten o meirande número de cartas circuladas de Galicia. Durante un mes o cuño do Bicentenario traspasará fronteiras e todas as misivas que partan desta portarán esta imaxe emblemática.
mércores, 13 out 2010
Abel Caballero presentou hoxe mércores "Vigo no Diván", organizado polo colectivo Outro Vigo é Posible, e actividade encargada de abrir o sábado 16 o programa de actos conmemorativos do Bicentenario da Cidade. Trátase de dúas xornadas de reflexión sobre o pasado, presente e futuro da urbe, coa presenza de distintos expertos e a participación da cidadanía.
mércores, 13 out 2010
A Xunta de Goberno Local deu o seu visto bo á modificación do proxecto da obra que impulsa o Concello de Vigo, unha vez incluidas as alegacións de Patrimonio Histórico para respectar unha zona de adoquinado nos terreos da ETEA. Ademais, o alcalde informou da aprobación da contratación dos traballos de humanización da rúa San Roque, no barrio de Ribadavia, unha reforma moi demandada pola cidadanía, segundo apuntou Caballero.
venres, 8 out 2010
O alcalde asistiu este venres á apertura da VIII edición de GALICIATIC, promovido pola Universidade de Vigo, unha xornada programada para estudar o rol das Tecnoloxías da Información e Comunicación como facilitadoras dun mundo máis sostible. Empresas pioneiras no sector das TIC colaboraron nas mesas redondas e conferencias desenvolvidas no marco da xornada.
venres, 8 out 2010
Abel Caballero avanzou hoxe que o próximo luns visitará Vigo o ministro de Fomento, José Blanco, por mor do acto de colocación da primeira pedra da nova terminal do aeroporto vigués. O alcalde agradeceu que o Ministerio non retrase "nin un dia" o inicio desta obra, tendo en conta que continúan os traballos de construcción do novo aparcadoiro, de 2.600 prazas, xa que "Vigo precisa dun gran aeroporto".
venres, 8 out 2010
Abel Caballero informou hoxe venres da remisión dun escrito ao conselleiro de Infraestruturas e Medioambiente da Xunta de Galicia, Agustín Hernández, solicitándolle que acelere as obras do gran parque verde e acondicione e transfira ao Concello os espazos entre os edificios. Navia está "desatendido", explicou o alcalde, polo que anunciou contactos coas propiedades de veciños para informarlles da situación na que se atopa o seu barrio.
xoves, 7 out 2010
O alcalde de Vigo avanzou este xoves que o Concello ten previsto incluir nos orzamentos municipais de 2011 unha partida para habilitar un centro de estudo e lectura no baixo do CEIP Illas Cíes, na Avenida de Castelao. Caballero asegurou que recibe unha "gran demanda" de lugares de estudo, e o primeiro dos previstos estará en Coia. Estes espazos, complementarios ás bibliotecas, compatibilizaranse con usos cidadáns e estarán equipados con ordenadores.
xoves, 7 out 2010
Abel Caballero entrevistouse este xoves coa nova directora do Auditorio-Pazo de Congresos, Ascensión Durán, a presidenta da Federación de Empresas Organizadoras Profesionais de Congresos - OPC España. O seu "plan de actuación" para a infraestrutura pasa pola promoción do recinto e tamén da cidade en España. Segundo apuntou Caballero, a nova directora ve posibilidades de que Vigo poida entrar no circuito europeo de congresos.
mércores, 6 out 2010
A Xunta de Goberno Local celebrada este mércores deu o seu visto bo aos pregos para licitar obras de humanización en Vázquez Varela, Oporto, Cangas, Mestre Montes, Couto San Honorato, Martínez Garrido, Aragón, Asturias, Salvaterra e Ramón Nieto, por un importe superior aos 7 millóns. Caballero informou que os traballos, a iniciar a comezos de xaneiro, alongaranse entre 3 e 4 meses e defendeu a "urxencia" de reformar "viais urbanos de máxima importancia na cidade de Vigo".