A alcaldesa recibe aos bomberios que rescataron a un home nun pozo en Redondela

luns, 20 nov 2006

A alcaldesa, Corina Porro, recibiu hoxe no seu despacho a oito dos doce bombeiros que participaron no rescate, o pasado mércores, dun home atrapado nun pozo de obra en Redondela. O rescate, un dos máis difíciles dos últimos anos, segundo confesaron os propios oficiais de bombeiros á alcaldesa, iniciábase ás 19.00 horas e remataba ás 01.00 horas.

O Marco acolle un curso de arte e medio ambiente

luns, 18 set 2006

A alcaldesa e presidenta da Fundación Marco, Corina Porro, asinou un convenio de colaboración entre o Parlamento de Galicia , e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento do curso " Revelación do lugar.Arte e Medio Ambiente", que se celebra dende hoxe luns ata o vindeiro sábado, 23 de setembro, nas instalacións do Marco. O curso forma parte dos actos do 25 aniversario do <a href='http://www.parlamentodegalicia.com/contenido/GAL/pags/index.htm'> Parlamento de Galicia</a>.