Escoitar

O alcalde avanza que "de forma inmediata" iniciarase a construcción da nova terminal do aeroporto de Vigo

Tras a publicación onte martes no Boletín Oficial do Estado do Plan Director de Peinador por parte do Ministerio de Fomento, o alcalde aseverou que a primeira pedra da nova terminal colocarase "de forma inmediata", que, xunto co novo aparcamento de 2.600 prazas, conforman as dúas pezas centrais da ampliación do aeródromo vigués. O alcalde indicou que está a mediar entre Fomento e a Comunidade de Montes de Cabral para acelerar os pagos pendentes polos terreos.

mércores, 15 set 2010
1284564391cajas.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, valorou este mércores positivamente a publicación no BOE do Plan Director do aeroporto olívico e avanzou que "de forma inmediata" iniciarase a construcción da nova terminal de Peinador.

O rexedor vigués estimou que a nova terminal viguesa e o aparcamento en construcción son actualmente as dúas pezas claves da ampliación do aeroporto -a pista de rodadura "será imprescindible" tamén, pero a medio prazo-, e indicou que a primeira fase do edificio de estacionamentos estará operativa na primeira semana de outubro, cunhas 800 prazas das 2.600 en total.

Abel Caballero explicou que está a mediar entre AENA -dependente do Ministerio de Fomento que dirixe José Blanco- e a Comunidade de Montes de Cabral para acelerar o proceso de pago dos terreos necesarios para a ampliación.
Descargar todas as imaxes