venres, 17 set 2010
Hoxe venres, o alcalde de Vigo pechou o acto que se celebrou no Auditorio de Caixanova desde as 09:30 da mañá. A xornada sobre emprego e medioambiente, promovida pola Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, organizouse para difundir os resultados do proxecto Vigo Medio natural, impulsado polo Ministerio de Medioambiente e a Fundación Biodiversidad.
venres, 17 set 2010
O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, presentou hoxe ao concelleiro de Turismo da Cámara Municipal de Porto, Vladimiro Feliz, o evento Vigo Cool Night, que se desenvolverá na nosa cidade a fin de semana do 20 ao 24 de outubro. O encontro permitiu tamén, según explicou Santi Domínguez, sentar as bases para a sinatura dun protocolo de promoción turística entre as dúas cidades e avanzar na organización dunha acción de difusión da oferta de Vigo en Porto en outubro.
venres, 17 set 2010
O BOP recolle, na súa edición de este venres, a aprobación definitiva do novo regulamento orgánico do Pleno da Corporación de Vigo, o que significa que está en vigor e será aplicado na vindeira sesión plenaria a celebrar o 27 de setembro. O novo texto suple ao anterior, que databa de 1988, e "eleva o rango político do Pleno", en verbas do concelleiro de Xestión Municipal, Carlos López Font.
venres, 17 set 2010
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentou hoxe a campaña de sensibilización que o Concello de Vigo está desenvolvendo en apoio á iniciativa "Fai ruído polos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio", coa que se pretende reclamar aos líderes mundiais que reforcen o seu compromiso na loita contra a probreza. "Ese ten que ser un obxectivo de todos e todas e especialmente agora porque a crise afecta máis aos países en desenvolvemento", afirmou a nacionalista.
venres, 17 set 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou hoxe a primeira edición da Xornada Siareira, que se celebrará no hotel Coia ao longo do vindeiro día 25 e que pretende "achegar os clubs aos siareiros", segundo dixo. "É un sector do deporte que non se visibiliza e queremos dar voz aos que non a teñen para que fagan chegar as súas preocupacións e suxestións", explicou o concelleiro e presidente da Fundación VIDE.
venres, 17 set 2010
O Museo da Cidade "Quiñones de León" continúa cos seus "Domingos de Museo", onde se poderá seguir gozando da visita dinamizada para nenos e nenas e familias e das visitas guiadas para público en xeral. Este domingo Landriña propón unha divertida ruta polo museo na que a través dos cadros da colección de pintura galega os visitantes descubrirán oficios e labores representados nos cadros do museo.