O Consello Municipal da Muller solicitará o ingreso de María Xosé Queizán na Real Academia Galega
O Consello Municipal da Muller de Vigo na sesión celebrada esta semana acordou, segundo anunciou a concelleira da Igualdade, solicitar o ingreso de María Xosé Queizán Vilas na Real Academia Galega. Para a consecución deste acordo constituirase unha comisión no seo do consello que teña por finalidade reunir os numerosos méritos da escritora e apoiar a súa candidatura de ingreso na Real Academia Galega.
María Xosé Queizán é escritora, catedrática de Lingua e Literatura Galega e unha figura relevante no movemento feminista. Forma parte do Consello municipal da muller desde a súa constitución no ano 1993 como representante da organización feminista FIGA. O Consello Municipal da Muller salienta que é unha destacada feminista galega cun activismo que se reflicte tanto na súa actividade social como na literaria, e con suficientes méritos literarios como para formar parte da Real Academia Galega.
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, explicou que o Consello valorou tamén a necesidade de acadar unha maior representación das mulleres na Real Academia Galega xa que agora mesmo só hai 4 mulleres académicas, logo do falecemento o pasado 5 deste mes de Olga Gallego Domínguez. "María Xosé Queizán ten méritos abondos para contribuír á loita pola igualdade tamén dentro do ámbito académico", afirmou a concelleira.
Descargar todas as imaxes