Escoitar

A presión fiscal de Vigo é a menor das grandes cidades de Galicia e unha das máis baixas de España

A concelleira de Economía e Facenda, a socialista Raquel Díaz, explicou hoxe xoves que a presión fiscal en Vigo ascende a 488 euros per cápita, por debaixo de cidades como A Coruña ou Santiago e a metade de urbes como Madrid. Díaz defendeu as políticas sociais en materia económica que aplica o goberno de Abel Caballero -e da benefícianse unhas 10.000 familias-, que diminúen a carga fiscal, rebaixa a débeda municipal e multiplica os investimentos.

xoves, 16 set 2010
1284639798fiscal.JPG
A concelleira de Economía e Facenda, a socialista Raquel Díaz, afirmou este xoves que Vigo é a gran cidade galega con menor presión fiscal sobre os seus habitantes e unha das menores de España.

Segundo explicou a edil, a presión fiscal en Vigo en 2009 -segundo os datos do Goberno de España- foi de 488 euros per cápita, polos 493 de Pontevedra, os 549 de A Coruña, os 590 de Lugo, os 609 de Ourense e os 719 de Santiago de Compostela, todas elas capitales e/ou cidades de máis de 100.000 habitantes.

Atendendo a este mesmo criterio, Vigo tamén ocupa un lugar privilexiado no contexto estatal, cunha presión fiscal das máis baixas das grandes cidades de España. A socialista citou o exemplo de Madrid, que practicamente duplica a cifra viguesa.

Raquel Díaz explicou que o goberno de Abel Caballero marcóuse desde o inicio o obxectivo de "reducir a carga fiscal aos cidadáns", polo que en todos os orzamentos non se incrementan os impostos senón que aplícase o IPC interanual, o que en termos reais significa a conxelación das taxas municipais.

Xunto a esta medida, o Concello está a incluir anualmente novas bonificacións e exencións orientadas aos máis desfavorecidos, melloras das que xa estanse a beneficiar unhas 10.000 familias, segundo apuntou a concelleira, e que neste ano 2010 redundará nunha nova rebaixa da presión fiscal en Vigo.

Para o ano 2011, a socialista explicou que o orzamento conxelará impostos en termos reais e non vai aplicar a suba do IPC ás taxas das garderías e dos centros de maiores. A maiores, o goberno local reduce un 1,31% a tarifa do servizo de asistencia domiciliaria aos maiores.

Desde o primeiro orzamento do actual exectivo en 2008, o goberno de Abel Caballero incluíu bonificacións na taxa de basuras para maiores de 65 anos que viven sós, para familias monoparentais, incluíu un desconto do 3% no pago do Imposto aos Bens Inmobles (IBI) para os empadroados, e unha exención do 75% no imposto de circulación aos vehículos ecolóxicos, entre outras medidas sociais.

A concelleira recordou que a política do goberno local en materia económica pasa por rebaixar a carga fiscal aos vigueses e viguesas ao tempo que diminuir a débeda do Concello -Vigo é actualmente o gran concello de España menos endebedado en réxime común- e multiplicar os investimentos na cidade -que con respecto a 2005 multiplicáronse por cinco-.
Descargar todas as imaxes