O concelleiro de Deportes salienta os éxitos do Seis do Nadal-Coia polo seu bo traballo como equipo
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, recibiu hoxe aos equipos infantís masculino e feminino do Seis do Nadal-Coia de baloncesto, protagonistas dunha grande final da tempada pasada. O Seis do Nadal meteuse por vez primeira na súa historia nunha fase final do campionato estatal masculino e as mozas chegaron ata o interautonómico.
Para o edil nacionalista, "isto ocorre porque hai detrás unha organización e unha coordinación, ademais dun adestramento". Para el, "o Seis do Nadal faino moi ben" e incidiu aos xogadores e xogadoras en que "estades aprendendo cousas sen querer", referíndose a que o deporte "forma para a vida real".
"O compañeirismo, o traballo colectivo, a colaboración", son para o concelleiro básicos "para o éxito, que chega porque hai un grupo que funciona, e na vida real é tamén así".
Os integrantes dos equipos entregaron sendas camisetas ao concelleiro, que espera poder asistir esta tempada a algún partido. Para rematar, o político vigués expresou o seu desexo de que algúns "poidan chegar a clubs importantes no futuro".
Descargar todas as imaxes